Horarios e Actividades 2020-2021

Programación Pastoral

agosto 28, 2020 · 12:32 0

Camiñando ao encontro con Xesús

Estimado fregués.

Nesta folliña que tes entre as mans poderás encontrar as datas e horarios das actividades que se programan para este curso 2020-2021 dende algunhas das parroquias da unidade pastoral da Fonsagrada.

Como é lóxico, moitas destas actividades concéntranse na parroquia de Santa María da Fonsagrada, cabeceira da unidade pastoral: misa diaria de todos os domingos, catequese, formación de adultos, celebracións penitenciais etc.

Aquí tamén poderás encontrar os días que hai misas nas outras parroquias. Son un total de 25 centros de culto, polo que se fai difícil  ter misas tan sequera unha vez ao mes en todas as parroquias. Por este mesmo motivo é polo que as misas de defuntos están distribuídas ao longo de case todo o mes de novembro, e as de Ramos non poderá habelas en todas as parroquias. Non obstante, durante a semana conto con ter tempo dispoñible para ir polas parroquias e capelas e celebrar a misa cando mo pidan, ou mesmo os domingos nos que queden horas libres polas mañás. En calquera caso, recorda que na Fonsagrada hai misa tódolos sábados (ás 7 no inverno e ás 8 no verán) e domingos (ás 12) e que sempre se ofrece dun modo especial polos falecidos durante a semana sexan da parroquia que sexan do arciprestrazgo.

Supoño que alguén, despois de ver toda esta programación, pode pensar que podería poñer máis misas os sábados e domingos polas tardes, pero necesito deixalas libres por se xorde algún funeral, xa que iso non se pode programar. Tamén, por este motivo, os aniversarios intentaremos poñelos á mañá cando sexan en sábado.

Tamén, a propósito dos aniversarios, quero dicir que, de momento, debido á pandemia, queda cancelada a norma que se intentara poñer en marcha no mes de xuño do 2020, que consistía en que os aniversarios en sábado serían sempre na igrexa da Fonsagrada. Así que, de momento, seguiremos facendo coma sempre, pero intentado que sexan en horario de mañá. Ás misas sabatinas, serán polo xeral, o domingo seguinte ao funeral na parroquia da Fonsagrada ás 12.

Máis cousas: Agora temos á nosa disposición as novas tecnoloxías que tamén nos poden axudar para vivir a fe ou, máis ben, para a formación nas cousas de Deus. Así, os martes teremos un grupo de formación online, do que xa temos algunha experiencia nos últimos meses do curso pasado. Esta formación pódese seguir dende o móbil ou dende un ordenador, dunha forma sinxela. Os que estean interesados só teñen que falar comigo e xa lles digo como hai que facer.

Tamén temos a canle de YouTube na que se pode seguir a misa diaria e dominical que se celebra na Fonsagrada. Para poder ver a misa é tan sinxelo como poñer no buscador de YouTube “misa Fonsagrada” e xa aparece a miña canle persoal dende a que se transmiten todas as misas nos horarios habituais que podes ver máis adiante.

Certamente estamos a vivir unha situación especial polos motivos que todos coñecemos de sobra, por ero tamén  se poden converter estes momentos nunha boa oportunidade para renovar e actualizar a nosa fe, descubrir de novo a presenza de Xesús na nosa vida e encontrármonos con el no camiño da vida.

Por último, recorda que por motivo da pandemia ou doutras cousas, poida que toda esta programación sufra algúns cambios. Por iso convén que, de cando en vez, lle botes un ollo á axenda de internet, xa que esa está sempre actualizada. Ademais, sempre me podes chamar para consultar os horarios ou para calquera outra cousa na que poida axudarche. Ao final deste folleto está o meu teléfono e o e-mail.

Desexando que toda esta información sexa do teu agrado, recibe un saúdo fraternal e a miña bendición para ti e para todos os teus.

Miguel Ángel Álvarez Pérez

Parroquia de Santa María da Fonsagrada

Catequese-Formación

Formación cristiá de adultos on-line

Martes

Inverno: ás 19:35 h.

Verán: ás 20:35 h.

Inscrición: enviar e-mail a fonmiguel@yahoo.es

Primeira Comuñón (1º e 2º curso)

Mércores (quincenal)

Inverno: ás 18:00 h

Verán: ás 19:00 h.

Horario de misas A Fonsagrada e celebracións

Martes a sábado:

Inverno: ás 19:00 h.

Verán:  ás 20:00 h.

Rosario: 20 minutos antes da misa

Domingos:

12:00 h. (Xullo e agosto tamén ás 20,00 h.)

Adoración Eucarística

Xoves:

            -Ás 18:15 h. No inverno

            -Despois da misa no verán.

Adoración Nocturna

Último xoves de cada mes. Comeza coa misa da tarde.

Celebracións penitenciais (Confesións)

15 de decembro, as 18:00 h. (Martes)

23 de marzo ás 19:00 h. (Xoves)

Unción comunitaria dos enfermos

12 de febreiro, ás 19:00 h. (Venres)

Falando Baixiño

Publicación dixital semanal na que se dan a coñecer as novas da parroquia. Tamén se publican reflexións sobre a liturxia da semana e outros materiais que nos poden axudar a vivir a fe.

Para recibir o “Falando Baixiño” debes poñerte en contacto co sacerdote. Tamén podes velo no seguinte enlace:

http://falandobaixino.es/

Axenda parroquial online

Neste enlace podes consultar a axenda parroquial actualizada en tempo real:

http://falandobaixino.es/pagina-agenda/

Canle de YouTube

Retransmitiranse en directo e nos horarios habituais, todas as misas de diario e dos domingos que se celebren na igrexa da Fonsagrada.

http://www.youtube.com/c/MiguelÁngelÁlvarezPérez

Despacho parroquial

Martes a venres, a partir das 16:30 h.

Cáritas Parroquial

Contactar co sacerdote.

Misas nas outras parroquias e capelas

Dende outubro 2020 a outubro 2021

A Porteliña

1 de novembro, 10:00 h, Santos-Defuntos

16 de maio, 13:00 h. Bendición de Froitos en Castro

8 de agosto, 13:00 h. Lourdes

29 de agosto, 13:00 h. San Juan Degolado en Castro

Arroxo

10 de outubro, 12:00 h. Aniversario de Carme Fdz. Álvarez

21 de novembro, 10:00 h. Santos-Defuntos

19 de maio, 13:00 h. Os Remedios en Río de Bangos

Castañedo

21 de novembro, 13:30 h. Santos-defuntos

Cereixido

8 de novembro, 13:15 h. Santos-Defuntos

24 de xullo, 12:30 h. Santiago

Ernes

8 de decembro, 12:00 h. Inmaculada

Fonfría

4 de outubro, 11:00 h.  Misa

8 de novembro, 11:00 h. Santos-Defuntos

5 de decembro, 12:00 h. Santa Bárbara en Silvela

6 de decembro, 11:00 h. Misa

3 de xaneiro, 11:00 h. Misa

7 de febreiro, 11:00 h. Misa

7 de marzo, 11:00 h. Misa

20 de marzo, 13:00 h. San José en Pántaras

28 de marzo, 18:00 h. Ramos

2 de maio, 11:00 h. Misa

18 de xullo, 11:00 h. Santa María Magdalena

5 de setembro, 11:00 h. Misa

Lamas de Campos

1 de novembro, 13:15 h. Santos-Defuntos

25 de decembro, 13:00 h. Misa

10 de xaneiro, 13:00 h. Misa

14 de febreiro, 13:00 h. Misa

14 de marzo, 13:00 h. Misa

27 de marzo, 13:15 h. Ramos

11 de abril, 13:00 h. Misa

12 de xuño, 13:00 h. San Bernabé en Vilarchao

20 de xuño, 13:00 h. Misa

11 de xullo, 13:00 h. Misa

16 de agosto, 13:00 h. San Roque

17 de agosto, 13:00 h. «San Roquín»

12 de setembro, 13:00 h. Misa

Lamas de Moreira

25 de outubro, 13:15 h. Misa

21 de novembro, 11:00 h. Santos-Defuntos

13 de decembro, 13:15 h. Santa Lucía

3 de xaneiro, 13:15 h. Misa

14 de febreiro, 13:15 h. Misa

28 de marzo, 10:00 h. Ramos

18 de abril, 13:15 h. Misa

27 de xuño, 13:15 h. Misa

18 de xullo, 13:15 h. O Carme

22 de agosto, 13:15 h. Misa

19 de setembro, 13:15 h. Misa

Louxas

21 de novembro, 12:15 h. Santos-Defuntos

Maderne

31 de outubro, 11:00 h. Santos-Defuntos

19 de maio, 1000 h. Os Remedios en Liñares de Maderne

5 de agosto, 13:00 h. As Nieves

Monteseiro

8 de novembro, 10:00 h. Santos-Defuntos

21 de agosto, 14:00 h. San Bartolomé

Negueira de Muñiz

14 de novembro, 10:00 h. Santos-Defuntos

5 de decembro, 13:00 h. Santa Bárbara en Bustelo

19 de marzo, 13:15 h. San Xosé

27 de marzo, 12:00 h. Ramos

6 de maio, 18:00 h. San Esteban en Pelou

27 de maio, 18:00 h. Bendición de Froitos en Pelou

26 de xuño, 12:00 h. San Pelaio en Pelou

15 de agosto, 13:30 h. Virxe da Veiga

21 de agosto, 13:00 h. San Roque en Brañela-O Carballín.

Neiro, San Pedro

31 de outubro, 12:00 h. Santos-Defuntos

5 de abril, 13:00 h. A Pastora en Vilarello

19 de maio, 11:00 h. Os Remedios en Candaido

30 de maio, 13:15 h. San Benito

13 de xuño, 13:45 h. San Antonio en Mazaeda

16 de agosto, 11.30 H. San Roque en Mazaeda

 

O Fito

18 de outubro, 13:00 h. Aniversario de Estrella Valledor

15 de novembro, 11:00 h. Santos-Defuntos

3 de xullo, 13:00 H. San Pedro en Aldomán

22 de xullo, 13:00 h. Santa María Magdalena en Villagocende

Ouviaño

14 de novembro, 11:00 h. Santos-Defuntos

24 de xullo, 11:30 h. Santiago

Pacios

7 de novembro, 13:30 h. Santos-Defuntos

20 de marzo, 12:00 h. San Xosé en Brañas.

4 de abril, 11:00 h. A Pastora

2 de maio, 12:00 h. San Alberto en Mourisco

22 de maio, 13:00 h. Os Remedios e bendición de froitos en Leituego

Padrón

1 de novembro, 11:00 h. Santos-Defuntos

15 de maio, 11:00 h. San Isidro en Vilardongo

13 de xuño, 13:00 h. San Antonio en Carracedo

24 de xuño, 13:00 h. San Juan

Puebla de Burón

31 de outubro, 13:00 h. Santos-Defuntos

28 de marzo, 13:00 h. Ramos

23 de maio, 13:00 h. O Carme

Santa Juliana

7 de novembro, 11:15 h. Santos-Defuntos

Suarna, San Martín

11 de outubro, 11:00 h. Misa

1 de novembro,18:00 h. Santos

2 de novembro, 11:00 h. Defuntos

5 de decembro, 12:00 h. Santa Bárbara en Silvela

13 de decembro, 11:00 h. Misa

25 de decembro, 11:00 h. Misa

10 de xaneiro, 11:00 h. Misa

16 de xaneiro, 12:00 h. San Antonio en Vilarín de Abaixo

14 de febreiro, 11:00 h. Misa

14 de marzo, 11:00 h. Misa

28 de marzo, 11:15 h. Ramos

11 de abril, 11:00 h. Misa

9 de maio, 11:00 h. Misa

13 de xuño, 11:00 h. Misa

11 de xullo, 11:00 h. Misa

22 de xullo, 13:00 h. Santa María Magdalena en Villagocende

8 de agosto, 11:00 h. Misa

12 de setembro, 11:00 h. Misa

Trobo

31 de outubro, 10:00 h. Santos-Defuntos

17 de xaneiro, 11:00 h. San Antonio Abad en Vilamaior

27 de marzo, 18:00 h. Ramos

19 de maio, 1000 h. Os Remedios en Liñares de Maderne

28 de agosto, ás 13:00 h. San Ramón en Noceda

Vieiro

7 de novembro, 10:00 h. Santos-Defuntos

2 de xaneiro, 13:00 h. Aniversario de Sergio de Cerredo

9 de maio, 13:00 h. O Carme en San Mamede

23 de maio, 14:00 h. Guadalupe en Pacios de Rebolín

1 agosto, 13:00 h. San Antonio

Vilabol

15 de novembro, 10:00 h. Santos-Defuntos

4 de abril. 13:00 h. A Pastora en Naraxa

15 de agosto, 10:30 h. Misa da Asunción

Vilar da Cuiña

14 de novembro, 12:15 h. Santos-Defuntos

29 de maio, 13:00 h. O Carme na Fornaza

26 de xuño, 13:30 h. O Carme na Ferrería

29 de agosto, 11:00 h. San Juan Degolado en Liñares de Vidul

Xestoso

7 de novembro, 12:30 h. Santos-Defuntos

26 de setembro, 13:00 h. San Miguel

Esta programación pode sufrir variacións.

Axenda actualizada en tempo real:

http://falandobaixino.es/pagina-agenda/

Peregrinacións e outras actividades

(Sempre que as circunstancias permitan facelas con seguridade)

Peregrinación parroquial

            -O Corpiño ou Vilaselán-Ribadeo

            -1 ou 17 de maio

Celebración da fin de curso no Cebreiro

            -Con outras parroquias da Diocese

Peregrinación a Lourdes

            -Coa Hospitalidade Diocesana

Contacto

info@parroquiasdeafonsagrada.es

fonmiguel@yahoo.es

616 512 111

[DESCARGAR PROGRAMACIÓN PDF]

 

Opina sobre esta entrada:

Al pulsar 'Enviar' aceptas las Normas de Participación. [Abrir emoticonos] [Configura tu icono personal]