[El Progreso, 5 de febreiro de 2017]

Un cura non é un funcionario

febrero 5, 2017 · 9:16 1

A reorganización pastoral que está facendo a Diocese de Lugo afecta a todos os niveis: institucións e organismos diocesanos, arciprestados, zonas pastorais, parroquias etc. No mundo rural trátase de crear unidades pastorais que están formadas por un conxunto de parroquias cercanas e coa mesma idiosincrasia, onde se trata de buscar unha igrexa que resulte máis axeitada para reunir aos fieis, e formar unhas comunidades cristiás vivas e participativas tanto para a educación da fe como para as celebracións dos sacramentos, os servizos caritativos e os distintos compromisos das comunidades cristiás. A reorganización pastoral é máis que unha reorganización administrativa: é esencialmente unha proposta evanxelizadora adecuada aos momentos actuais.

Un cura no es un trabajador de la «BBC»

Polo tanto, cando hoxe se pensa facer cambios de sacerdotes para pedirlles novos e distintos servizos eclesiais para ben da Igrexa e dos fieis, debe terse na mente o mapa da Diocese de Lugo, que contén 1.139 parroquias, con moitas diferencias de poboación e xeográficas. Na distribución do clero trátase de que en todas as zonas vaiamos tendo sacerdotes que leven a cabo a misión evanxelizadora das comunidades cristiás que forman a nosa Igrexa Diocesana.

Cando hai un cambio dos sacerdotes sempre se teñen en conta os principios internos e externos da vida eclesial, que poidan levar adiante a misión que plantexa o sacramento da Orde Sacerdotal e dunha maneira organizada, tal como regula o dereito canónico.

Cando se lles pide un traslado para un novo servizo eclesial, os responsables diocesanos falan sempre con cada un dos sacerdotes  para que, dialogando, expresen con liberdade o seu parecer sobre dito servizo.

Os sacerdotes son Ministros do Señor enviados pola Igrexa a través do Supremo Pastor da Diocese, que sempre é o Bispo, para que realicen a misión evanxelizadora da Boa Nova de Xesucristo. Por iso, o sacerdote reúne unhas características que o fan distinto;  é máis que un funcionario. Tampouco un sacerdote é o dono das parroquias nin estas son donas do sacerdote. Este vai para realizar a misión evanxelizadora por un tempo que se vexa oportuno. O seu ministerio sacerdotal é un don de Deus para as comunidades cristiás e para o mundo. Ás veces toca no mundo rural, e outras nas urbes, ou en cargos eclesiásticos, ou no ensino, no servizo caritativo, nos hospitais, nos cárceres…

Por iso na vida sacerdotal e relixiosa sempre hai que ter unha liberdade, unha xenerosidade, un desprendimento en todas as dimensións para cumprir ben a misión do Evanxeo. Na vida práctica hai que preparar varias veces a maleta para os cambios, cousa que non ocorre na vocación de moitos leigos.

Luis Manuel Rodríguez,

Vicario de Coordinación Pastoral da Diocese de Lugo

Foto: Cathopic.com

Enlaces desde blogs, webs y agregadores:

Enlaces desde Twitter y trackbacks:

Comentarios a esta entrada:

  1. Sandra Rodríguez Díaz

    Buenas, pues yo os planteo una pregunta.¿Porque los laicos comprometidos en una parroquia no pueden opinar sobre el traslado o no de un sacerdote? no somos comunidad, pues. ¿por que tiene que ser relevado al ámbito jerárquico?.

Opina sobre esta entrada:

Al pulsar 'Enviar' aceptas las Normas de Participación. [Abrir emoticonos] [Configura tu icono personal]