Miguel Ángel Álvarez Pérez

San Xoan de Ávila 2024

mayo 13, 2024 · 17:23 0
Este ano celebramos o 25 aniversario de ordenación sacerdotal:
Alberto Leiva Torreiro
e un servidor: Miguel Ángel Álvarez Pérez
Os 50 anos.
José Méndez Pérez
Os 60 anos
Leandro DíAz Guerra
Manuel Franco Rodríguez
Francisco García Campos
José García Regal
Luís Otero Méndez,
Ramón Rodríguez González
Sabino Seijas Domínguez
Fernando Vilar Vilariño
E nada menos que 70 anos de sacerdocio
Benedicto Iglesias Blanco
José González Vázquez
Manuel Rodríguez Castro
Pero permitídeme que me centre máis nestes últimos 25 anos da historia, que son os que vivimos Alberto e máis eu como sacerdotes.
Recordo perfectamente moitos días de San Juan de Ávila cando era seminarista. Lembro os encontros que tiñan os cregos cos seminaristas. Era un día de festa no Seminario e para os seminaristas. A testemuña daqueles curas tamén tiveron moito que vez na nosa vocación sacerdotal.
Ordenados un ano antes do Xubileo do ano 2000, ás portas do comezo do Terceiro Milenio despois do nacemento de Xesucristo. Era un tempo que se pensaba óptimo para ser cura e dedicarse ó que empezabamos a chamar “nova evanxelización”.
Ordenados tamén no momento de despuntar as novas tecnoloxías: xa era fácil ter un teléfono móbil e as “ADSLs” tamén empezaban a ser asumibles para todos.
Os cregos anteriores tiveran que dedicarse a tarefas sociais importantes para promover servicios básicos para os nosos pobos e aldeas e tamén a restauración de moitas igrexas e a construción de algunhas. Nos, os de 25 anos, ese traballo atopámolo feito: as pistas asfaltadas, a luz eléctrica, a auga e, incluso, o teléfono chegaban a calquera aldea da Diocese.
👉Estaba todo feito. E para esta nova situación do século XXI foramos preparados.
Pero, de súpeto, cambiáronnos as preguntas e todo deu un xiro inesperado cos atentados do 2001. A desconfianza e o medo apoderáronse dun mundo que empezaba a ser global. Por se fora pouco, a ditadura do relativismo vaise instaurando hasta que o único criterio de actuación e das persoas son os gustos e os sentimentos.
👉Nesta situación intentamos facernos un oco e seguir ofrecendo ó mundo o único que tiñamos: a Xesucristo, o Señor da historia, o mesmo “onte, hoxe e sempre”.
2️⃣5️⃣ anos despois, o mundo cambiou tanto, que ás veces nos sentimos xa estraños nel, e outras veces sentimos vértixe ante os desafíos que temos por diante, para manter viva a Boa Noticia da salvación de Xesucristo.
2️⃣5️⃣ anos despois puxéronnos encima da mesa outras axendas, ben distintas da que conmemora os 2000 anos da Pascua de Xesucristo, que nos volven a desafiar aínda máis, porque vemos como cada vez “vai quedando máis xente na cuneta do sen sentido” e nos, os cregos, somos cada vez menos para anunciar a “Esperanza que salva”, e que cada vez é máis necesaria.
2️⃣5️⃣ anos despois, iso si, seguimos celebrando a San Xoán de Ávila, pedíndolle que interceda por nos para que nos axude a ser os cregos que o mundo actual necesita.
Miguel Ángel Álvarez Pérez

Opina sobre esta entrada:

Al pulsar 'Enviar' aceptas las Normas de Participación. [Abrir emoticonos] [Configura tu icono personal]