Estimado fregués.
Nesta folliña que tes entre as mans poderás encontrar as datas e horarios das actividades que se programan para este curso 2021-2022 dende algunhas das parroquias da unidade pastoral da Fonsagrada.
Como é lóxico, moitas destas actividades concéntranse na parroquia de Santa María da Fonsagrada, cabeceira da unidade pastoral: misa diaria e dominical, catequese, formación de adultos, celebracións penitenciais, Cáritas, etc.
Aquí tamén poderás encontrar os días que hai misas nas outras parroquias. Son un total de 26 centros de culto, sen contar as numerosas capelas, polo que se fai difícil ter misas tan sequera unha vez ao mes en todas as parroquias. O criterio que seguín para poñer as misas é dobre. Por un lado, escollín dúas parroquias que estiveran nos extremos xeográficos da unidade pastoral e que tiveran máis poboación: Lamas de Campos e Lamas de Moreira. E por outro, aquelas parroquias que teñen reserva do Santísimo e o coidan, como é o caso de Fonfría e San Martín de Suarna.
Por este mesmo motivo, é polo que as misas de defuntos están distribuídas ao longo de case todo o mes de novembro, e as de Ramos non poderá habelas en todas as parroquias.
Non obstante, durante a semana e tamén moitos domingos conto con tempo dispoñible para ir polas parroquias e capelas e celebrar a misa cando mo pidan.
Supoño que alguén, despois de ver toda esta programación, pode pensar que podería poñer máis misas os sábados e domingos polas tardes. Pero necesito deixar as tardes libres por se xorde algún funeral, xa que iso non se pode programar. Tamén, por este motivo, os aniversarios intentaremos poñelos á mañá cando sexan en sábado.
Seguiremos insistindo neste curso coa formación de adultos. Por iso, os martes continuaremos coa formación online despois da misa, e retomaremos tamén a presencial, que será na igrexa unha hora antes da misa.
Como como novidade, teremos unha opción máis de formación para aqueles que pola semana teñen máis dificultades para asistir. Trátase dunha serie de catequeses mensuais para adultos. Serán un domingo ao mes despois da misa das 12. Pódense ver as datas máis abaixo.
A organización da catequese de Confirmación dependerá de que haxa persoas que a soliciten.
Esta programación pode sufrir variacións, polo que recomendo consultar de vez en cando a axenda online que se actualiza en tempo real.
Nada máis. Unha aperta no Señor.
Miguel Ángel Álvarez Pérez
Formación cristiá de adultos presencial
Martes
Inverno: ás 18:00 h. | Verán: ás 19:00 h.
Formación cristiá de adultos online
Martes
Inverno: ás 19:35 h. | Verán: ás 20:35 h.
Inscrición: enviar e-mail a fonmiguel@yahoo.es
Catequeses dominicais para adultos
Na Fonsagrada, despois da misa das 12:
24 de outubro, 21 de novembro, 19 de decembro, 16 de xaneiro, 27 de febreiro, 24 de abril e 22 de maio
Catequese de Primeira Comuñón (1º e 2º curso)
Mércores (unha semana online e outra presencial)
Inverno: ás 18:00 h. | Verán: ás 19:00 h.
Martes a sábado:
Inverno: ás 19:00 h. | Verán: ás 20:00 h.
Rosario: 20 minutos antes da misa
Domingos:
12:00 h. (Xullo e agosto tamén ás 20,00 h.)
Adoración Eucarística
Xoves:
Ás 18:15 h. No inverno | Despois da misa no verán.
Adoración Nocturna
Último xoves de cada mes, no horario habitual dos xoves.
10 de decembro, as 18:00 h. (Luns)
4 de abril ás 19:00 h. (Luns)
11 de febreiro, ás 19:00 h. (Venres)
Publicación dixital semanal na que se dan a coñecer as novas da parroquia. Tamén se publican reflexións sobre a liturxia da semana e outros materiais que nos poden axudar a vivir a fe.
Para recibir o “Falando Baixiño” debes poñerte en contacto co sacerdote. Tamén podes velo no seguinte enlace:
Neste enlace podes consultar a axenda parroquial actualizada en tempo real:
http://falandobaixino.es/pagina-agenda/
Retransmitiranse en directo e nos horarios habituais, todas as misas de diario e dos domingos que se celebren na igrexa da Fonsagrada:
https://www.youtube.com/c/MiguelÁngelÁlvarezPérez
De martes a venres, a partir das 4 da tarde, sempre que non haxa outras actividades.
Contactar co sacerdote.
Peregrinacións, encontros etc. daranse a coñecer segundo se vaian organizando.
info@parroquiasdeafonsagrada.es
616 512 111
A Porteliña
7 de novembro, 13:00 h. Santos-Defuntos
8 de maio, 13:00 h. Bendición de Froitos en Castro
14 de agosto, 13:00 h. Lourdes
29 de agosto, 11:00 h. San Juan Degolado en Castro
Arroxo
13 de novembro, 10:00 h. Santos-Defuntos.
19 de maio, 12:30 h. Os Remedios en Río de Bangos.
18 de abril, 11:00 h. A Pastora en Brancio
Cereixido
13 de novembro, 13:00 h. Santos-Defuntos
25 de xullo, 11:00 h. Santiago
30 de abril, 13:00 h. Nosa Señora da “O” en Souto
Ernes
8 de decembro, 13:30 h. Inmaculada
Fonfría
3 de outubro, 113:00 h. Misa
30 de outubro, 19:00 h. Santos-Defuntos
4 de decembro, 11:00 h. Santa Bárbara en Silvela
5 de decembro, 11:00 h. Misa
2 de xaneiro, 11:00 h. Misa
6 de febreiro, 11:00 h. Misa
6 de marzo, 11:00 h. Misa
19 de marzo, 12:00 h. San Xosé en Pántaras
3 de abril, 11:00 h. Misa
15 de maio, 11:00 h. Misa
24 de xullo, 13:00 h. Santa María Magdalena
4 de setembro, 11:00 h. Misa
Lamas de Campos
10 de outubro, 13:00 h. Misa
1 de novembro, 13:15 h. Santos-Defuntos
5 de decembro, 13:00 h. Misa
25 de decembro, 13:00 h. Misa
23 de xaneiro, 13:00 h. Misa
13 de febreiro, 13:00 h. Misa
6 de marzo, 13:00 h. Misa
10 de abril, 10:00 h. Ramos
11 de xuño, 13:00 h. San Bernabé en Vilarchao
10 de xullo, 13:00 h. Misa
16 de agosto, 13:00 h. San Roque
17 de agosto, 13:00 h. «San Roquín»
11 de setembro, 13:00 h. Misa
Lamas de Moreira
17 de outubro, 13:00 h. Misa
13 de novembro, 12:00 h. Santos-Defuntos
12 de decembro, 13:00 h. Santa Lucía
26 de decembro, 13:00 h. Misa
9 de xaneiro, 13:00 h. Misa
20 de febreiro, 13:00 h. Misa
13 de marzo, 13:00 h. Misa
10 de abril, 13:00 h. Ramos
1 de maio, 11:00 h. Moreira
3 de maio, 11:00 h. Santa Cruz en Seoane
29 de maio, 13:00 h. Misa
11 de xuño, 11:00 h. San Antonio
17 de xullo, 13:00 h. O Carme
4 de setembro, 13:00 h. Misa
Louxas
13 de novembro, 11:00 h. Santos-Defuntos
Maderne
6 de novembro, 11:00 h. Santos-Defuntos
19 de maio, 10:00 h. Os Remedios en Liñares de Maderne
6 de agosto, 13:00 h. As Nieves
18 de xuño, 14:00 h. San Antonio en Silvachá
Monteseiro
19 de setembro, 11:00 h. Misa
9 de outubro, 13:00 h. Misa
30 de outubro, 18:00 h. Santos-Defuntos
20 de agosto, 12:30 h. San Bartolomé
Negueira de Muñiz
20 de novembro, 10:00. Santos-Defuntos
4 de decembro, 12:30 h. Santa Bárbara en Bustelo
19 de marzo, 13:15 h. San Xosé
9 de abril, 18:00 h. Ramos en Bustelo
5 de maio, 18:00 h. San Esteban en Pelou
26 de maio, 18:00 h. Bendición de Froitos en Pelou
25 de xuño, 12:00 h. San Pelaio en Pelou
15 de agosto, 13:30 h. Virxe da Veiga
20 de agosto, 13:00 h. San Roque en Brañela-O Carballín.
Neiro, San Pedro
3 de outubro. 13:00 h. Misa
6 de novembro, 12:15 h. Santos-Defuntos
18 abril, 13:00 h. A Pastora en Vilarello
9 de abril, 19:00 h. Ramos
19 de maio, 11:00 h. Os Remedios en Candaido
12 de xuño, 13:15 h. San Benito
13 de xuño, 19:00 h. San Antonio en Mazaeda
16 de xullo, 11:30 h. San Roque en Mazaeda
O Fito
31 de outubro, 11:00 h. Santos-Defuntos
2 de xullo, 13:00 h. San Pedro en Aldomán
22 de xullo, 13:00 h. Santa María Magdalena en Villagocende
Ouviaño
20 de novembro, 11:00. Santos-Defuntos
23 de xullo, 13:00 h. Santiago
Pacios
7 de novembro, 10:00 h. Santos-Defuntos
19 de marzo, 11:00 h. San Xosé en Brañas.
17 de abril, 11:00 h. A Pastora
1 de maio, 13:00 h. San Alberto en Mourisco
21 de maio, 13:00 h. Os Remedios e bendición de frutos en Leituego
Padrón
31 de outubro, 13:00 h. Santos-Defuntos
1 de xaneiro, 11:00 h. Misa
15 de maio, 11:00 h. San Isidro en Vilardongo
24 de xuño, 13:00 h. San Juan
25 de xuño, 13:15 h. San Antonio en Carracedo
Puebla de Burón
6 de novembro, 13:30 h. Santos-Defuntos
5 de xuño, 13:00 h. O Carme
Santa Juliana
14 de novembro, 11:00 h. Santos-Defuntos
Suarna, San Martín
10 de outubro, 11:00 h. Misa
1 de novembro,18:00 h. Santos
2 de novembro, 11:00 h. Defuntos
5 de decembro, 12:00 h. Santa Bárbara en Silvela
12 de decembro, 11:00 h. Misa
25 de decembro, 11:00 h. Misa
15 de xaneiro, 12:00 h. San Antonio en Vilarín de Abaixo
16 de xaneiro, 11:00 h. Misa
20 de febreiro, 11:00 h. Misa
13 de marzo, 11:00 h. Misa
10 de abril, 11:00 h. Ramos
8 de maio, 11:00 h. Misa
3 de xullo, 11:00 h. Misa
22 de xullo, 13:00 h. Santa María Magdalena en Villagocende
7 agosto, 11:00 h. Misa
8 de agosto, 13:00 h. Santo Domingo en Vilarín de Arriba
11 de setembro, 11:00 h. Misa
Trobo
6 de novembro, 10:00 h. Santos-Defuntos
7 de maio, 13:00 h. Santa Bárbara en Villaframil
19 de maio, 1000 h. Os Remedios en Liñares de Maderne
13 de xuño, 18:00 h. San Antonio en Trasouturo
18 de xuño, 13:00 h. Corpus
Vieiro
14 de novembro, 13:00 h. Santos-Defuntos
7 de maio, 11:30 h. O Carme en San Mamede
5 de xuño, 14:00 h. Guadalupe en Pacios de Rebolín
6 de xuño, 11:00 h. Bendición de Frutos en Pacios de Rebolín
7 agosto, 13:00 h. San Antonio
Vilabol
20 de novembro, 13:30. Santos-Defuntos
17 de abril, 13:00 h. A Pastora en Naraxa
15 de agosto, 10:30 h. Misa da Asunción
14 de maio, 13:00 h. San Isidro en Estoupelo
Vilar da Cuiña
20 de novembro, 12:15. Santos-Defuntos
28 de maio, 13:00 h. O Carme na Fornaza
27 de agosto, 13:00 h. San Juan Degolado en Liñares de Vidul
Xestoso
7 de novembro, 11:00 h. Santos-Defuntos
25 de setembro, 13:00 h. San Miguel
Esta programación pode sufrir variacións ou ter erros. Axenda actualizada en tempo real: http://falandobaixino.es/pagina-agenda/
Opina sobre esta entrada:
You must be logged in to post a comment.