Historias para o futuro | Con Antonio López Vidal

O primeiro Alcalde da Democracia, o Instituto da Fonsagrada e máis cousas

febrero 11, 2025 · 17:02 X

Temos que volver ó ano 1979, concretamente ó 3 de abril do 79, cando se celebran as primeiras eleccións municipais da Democracia.

Dende facía tempo un grupo de Fonsagradinos con ganas de cambio estaban dispostos e preparados para poñer o ombro e comezar unha nova etapa no noso Concello.

🔊AUDIO 1 ANTONIO LÓPEZ VIDAL

Había un plan e so faltaban uns pequenos detalles, pero unha nevarada fixo dar un xiro inesperado, mesmo para o protagonista da nosa historia de hoxe, que sen querer se viu elixido uns meses mais tarde Alcalde do seu Concello natal.

🔊AUDIO 2 ANTONIO LÓPEZ VIDAL

Pero, antes de seguir adiante, pedímoslle a Antonio que se nos presente.

🔊AUDIO 3 ANTONIO LÓPEZ VIDAL

Un cura alcalde? como diría doña Marina ¿dónde se vio? Si, un cura alcalde, a pesar de que as propias normas da Igrexa non o contemplan, a non ser en casos moi excepcionais. Quizais o noso era un deses casos e o bispo daquel momento soubo facer as cousas.

🔊AUDIO 4 ANTONIO LÓPEZ VIDAL

Eleccións gañadas e había que poñerse a traballar. O programa electoral tiña tres puntos clave e xa comprometidos de antemán:

🔊AUDIO 5 ANTONIO LÓPEZ VIDAL

A historia do instituto xa nola contou Álvaro Touza Cobelas, con todo detalle. De Antonio escoitamos como foi o da viaxe a Madrid para conseguir que o Instituto deixara de ser unha extensión e pasase a ser un centro autónomo e independente.

🔊AUDIO 6 ANTONIO LÓPEZ VIDAL

O Concello da Fonsagrada é o máis extenso de Galicia e tamén dos máis montañosos. A tarefa de electrificar todas as aldeas dende Carballido ata Freixo era unha obra faraónica e non exenta de atrancos, mesmo políticos. Fixeron falta dous mandatos, por iso Antonio se presentou unha segunda vez, para poder cumprir co que el se comprometera.

🔊AUDIO 7 ANTONIO LÓPEZ VIDAL

Os anos pasan e as anécdotas de todo tipo acumúlanse porque o traballo era moito: a nave do campo da feira, a travesía xeneral, o colapso da presa do Mural, que pensaron que era unha carnavalada.

🔊AUDIO 8 ANTONIO LÓPEZ VIDAL

Pero tamén a sorpresa da chamada persoal do presidente do goberno, Calvo Sotelo unha tarde que estaba traballando co Secretario no Concello.

🔊AUDIO 9 ANTONIO LÓPEZ VIDAL

🖼️FOTO CON CALVO SOTELO

De todo isto xa fai máis de 45 anos. O paso do tempo fainos valorar as cousas doutra forma.
É agora cando se pode apreciar a importancia daqueles pasos e daquelas persoas ás que lles tocou facer todo isto, moitos xa non están, pero é xusto un pequeno homenaxe ós que quedan.

🔊AUDIO 10 ANTONIO LÓPEZ VIDAL

______

🔊PODCAST COMPLETO

@fonmiguel
30 de xaneiro de 2025