Temos que ir ata ano 1979 mais ou menos. Os mozos da Fonsagrada tiñan que marchar para Lugo se querían seguir estudando unha vez acabado o ensino básico.
Varias familias xúntanse para pedir unha solución a isto. Non tardando moito comezan a darse pasos para o que despois sería o Instituto de Bacharelato da Fonsagrada.
Acabamos de escoitar a Alvaro Touza Cobelas, el é o profesor a quen lle encargaron a tarefa de poñer en marcha o instituto e o protagonista desta historia que lles vamos a contar. Pero antes de seguir adiante, quen é Álvaro?
Non había medios, pero xa se contaba cunha persoa disposta a facer o imposible e tamén había alumnos que estaba desexando comezar a estudar no novo centro. Tampouco faltaba o apoio de Antonio, o alcalde do momento, das familias e de todo un pobo que estaba moi ilusionado. A cousa non era fácil, pero nun par de meses conseguiron que comezasen as clases
Tampouco faltaron atrancos. Xa daquela se medían as cousas polo beneficio económico e mesmo houbo un intento de pechar todo.
Polo medio de todas estas peripecias tamén houbo cousas simpáticas como esta
Superados estes atrancos, e con todo en marcha era preciso dar outro paso: conseguir que o instituto da Fonsagrada fora un centro autónomo, pois ata agora era un centro dependente do Mixto II de Lugo. Houbo que volver a poñer os mecanismos de presión a funcionar e mesmo ir ata Madrid.
Despois de 7 anos de director e profesor Álvaro tivo que cambiar de destino por motivos familiares, pero iso non fixo que acabase aí a súa historia coa Fonsagrada e moito menos con aquel grupiño de primeiros alumnos para os que el foi como un auténtico faro de luz no alto da Montaña. Saltamos ata o ano 1994, aqueles primeiros alumnos deciden volver a xuntarse, e claro, chaman a Álvaro, o seu profesor e tamén amigo…
Eu tiña catro anos cando comezou toda esta historia e puiden ver todo en primeira persoa, porque os neniños de parvulitos compartiamos centro cos de BUP. Non me lembro de moitas cousas, pero si de Álvaro, da súa abundante barba e do seu coche, un Simca 1200 branco.
———————-
@fonmiguel
21 de xaneiro de 2025