Camiñando ao encontro con Xesús
Estimado fregués.
Nesta folliña que tes entre as mans poderás encontrar as datas e horarios das actividades que se programan para este curso 2020-2021 dende algunhas das parroquias da unidade pastoral da Fonsagrada.
Como é lóxico, moitas destas actividades concéntranse na parroquia de Santa María da Fonsagrada, cabeceira da unidade pastoral: misa diaria de todos os domingos, catequese, formación de adultos, celebracións penitenciais etc.
Aquí tamén poderás encontrar os días que hai misas nas outras parroquias. Son un total de 25 centros de culto, polo que se fai difícil ter misas tan sequera unha vez ao mes en todas as parroquias. Por este mesmo motivo é polo que as misas de defuntos están distribuídas ao longo de case todo o mes de novembro, e as de Ramos non poderá habelas en todas as parroquias. Non obstante, durante a semana conto con ter tempo dispoñible para ir polas parroquias e capelas e celebrar a misa cando mo pidan, ou mesmo os domingos nos que queden horas libres polas mañás. En calquera caso, recorda que na Fonsagrada hai misa tódolos sábados (ás 7 no inverno e ás 8 no verán) e domingos (ás 12) e que sempre se ofrece dun modo especial polos falecidos durante a semana sexan da parroquia que sexan do arciprestrazgo.
Supoño que alguén, despois de ver toda esta programación, pode pensar que podería poñer máis misas os sábados e domingos polas tardes, pero necesito deixalas libres por se xorde algún funeral, xa que iso non se pode programar. Tamén, por este motivo, os aniversarios intentaremos poñelos á mañá cando sexan en sábado.
Tamén, a propósito dos aniversarios, quero dicir que, de momento, debido á pandemia, queda cancelada a norma que se intentara poñer en marcha no mes de xuño do 2020, que consistía en que os aniversarios en sábado serían sempre na igrexa da Fonsagrada. Así que, de momento, seguiremos facendo coma sempre, pero intentado que sexan en horario de mañá. Ás misas sabatinas, serán polo xeral, o domingo seguinte ao funeral na parroquia da Fonsagrada ás 12.
Máis cousas: Agora temos á nosa disposición as novas tecnoloxías que tamén nos poden axudar para vivir a fe ou, máis ben, para a formación nas cousas de Deus. Así, os martes teremos un grupo de formación online, do que xa temos algunha experiencia nos últimos meses do curso pasado. Esta formación pódese seguir dende o móbil ou dende un ordenador, dunha forma sinxela. Os que estean interesados só teñen que falar comigo e xa lles digo como hai que facer.
Tamén temos a canle de YouTube na que se pode seguir a misa diaria e dominical que se celebra na Fonsagrada. Para poder ver a misa é tan sinxelo como poñer no buscador de YouTube “misa Fonsagrada” e xa aparece a miña canle persoal dende a que se transmiten todas as misas nos horarios habituais que podes ver máis adiante.
Certamente estamos a vivir unha situación especial polos motivos que todos coñecemos de sobra, por ero tamén se poden converter estes momentos nunha boa oportunidade para renovar e actualizar a nosa fe, descubrir de novo a presenza de Xesús na nosa vida e encontrármonos con el no camiño da vida.
Por último, recorda que por motivo da pandemia ou doutras cousas, poida que toda esta programación sufra algúns cambios. Por iso convén que, de cando en vez, lle botes un ollo á axenda de internet, xa que esa está sempre actualizada. Ademais, sempre me podes chamar para consultar os horarios ou para calquera outra cousa na que poida axudarche. Ao final deste folleto está o meu teléfono e o e-mail.
Desexando que toda esta información sexa do teu agrado, recibe un saúdo fraternal e a miña bendición para ti e para todos os teus.
Miguel Ángel Álvarez Pérez
Martes
Inverno: ás 19:35 h.
Verán: ás 20:35 h.
Inscrición: enviar e-mail a fonmiguel@yahoo.es
Mércores (quincenal)
Inverno: ás 18:00 h
Verán: ás 19:00 h.
Inverno: ás 19:00 h.
Verán: ás 20:00 h.
Rosario: 20 minutos antes da misa
12:00 h. (Xullo e agosto tamén ás 20,00 h.)
Xoves:
-Ás 18:15 h. No inverno
-Despois da misa no verán.
Último xoves de cada mes. Comeza coa misa da tarde.
15 de decembro, as 18:00 h. (Martes)
23 de marzo ás 19:00 h. (Xoves)
12 de febreiro, ás 19:00 h. (Venres)
Publicación dixital semanal na que se dan a coñecer as novas da parroquia. Tamén se publican reflexións sobre a liturxia da semana e outros materiais que nos poden axudar a vivir a fe.
Para recibir o “Falando Baixiño” debes poñerte en contacto co sacerdote. Tamén podes velo no seguinte enlace:
Neste enlace podes consultar a axenda parroquial actualizada en tempo real:
http://falandobaixino.es/pagina-agenda/
Retransmitiranse en directo e nos horarios habituais, todas as misas de diario e dos domingos que se celebren na igrexa da Fonsagrada.
http://www.youtube.com/c/MiguelÁngelÁlvarezPérez
Martes a venres, a partir das 16:30 h.
Contactar co sacerdote.
Dende outubro 2020 a outubro 2021
A Porteliña
1 de novembro, 10:00 h, Santos-Defuntos
16 de maio, 13:00 h. Bendición de Froitos en Castro
8 de agosto, 13:00 h. Lourdes
29 de agosto, 13:00 h. San Juan Degolado en Castro
Arroxo
10 de outubro, 12:00 h. Aniversario de Carme Fdz. Álvarez
21 de novembro, 10:00 h. Santos-Defuntos
19 de maio, 13:00 h. Os Remedios en Río de Bangos
Castañedo
21 de novembro, 13:30 h. Santos-defuntos
Cereixido
8 de novembro, 13:15 h. Santos-Defuntos
24 de xullo, 12:30 h. Santiago
Ernes
8 de decembro, 12:00 h. Inmaculada
Fonfría
4 de outubro, 11:00 h. Misa
8 de novembro, 11:00 h. Santos-Defuntos
5 de decembro, 12:00 h. Santa Bárbara en Silvela
6 de decembro, 11:00 h. Misa
3 de xaneiro, 11:00 h. Misa
7 de febreiro, 11:00 h. Misa
7 de marzo, 11:00 h. Misa
20 de marzo, 13:00 h. San José en Pántaras
28 de marzo, 18:00 h. Ramos
2 de maio, 11:00 h. Misa
18 de xullo, 11:00 h. Santa María Magdalena
5 de setembro, 11:00 h. Misa
Lamas de Campos
1 de novembro, 13:15 h. Santos-Defuntos
25 de decembro, 13:00 h. Misa
10 de xaneiro, 13:00 h. Misa
14 de febreiro, 13:00 h. Misa
14 de marzo, 13:00 h. Misa
27 de marzo, 13:15 h. Ramos
11 de abril, 13:00 h. Misa
12 de xuño, 13:00 h. San Bernabé en Vilarchao
20 de xuño, 13:00 h. Misa
11 de xullo, 13:00 h. Misa
16 de agosto, 13:00 h. San Roque
17 de agosto, 13:00 h. «San Roquín»
12 de setembro, 13:00 h. Misa
Lamas de Moreira
25 de outubro, 13:15 h. Misa
21 de novembro, 11:00 h. Santos-Defuntos
13 de decembro, 13:15 h. Santa Lucía
3 de xaneiro, 13:15 h. Misa
14 de febreiro, 13:15 h. Misa
28 de marzo, 10:00 h. Ramos
18 de abril, 13:15 h. Misa
27 de xuño, 13:15 h. Misa
18 de xullo, 13:15 h. O Carme
22 de agosto, 13:15 h. Misa
19 de setembro, 13:15 h. Misa
Louxas
21 de novembro, 12:15 h. Santos-Defuntos
Maderne
31 de outubro, 11:00 h. Santos-Defuntos
19 de maio, 1000 h. Os Remedios en Liñares de Maderne
5 de agosto, 13:00 h. As Nieves
Monteseiro
8 de novembro, 10:00 h. Santos-Defuntos
21 de agosto, 14:00 h. San Bartolomé
Negueira de Muñiz
14 de novembro, 10:00 h. Santos-Defuntos
5 de decembro, 13:00 h. Santa Bárbara en Bustelo
19 de marzo, 13:15 h. San Xosé
27 de marzo, 12:00 h. Ramos
6 de maio, 18:00 h. San Esteban en Pelou
27 de maio, 18:00 h. Bendición de Froitos en Pelou
26 de xuño, 12:00 h. San Pelaio en Pelou
15 de agosto, 13:30 h. Virxe da Veiga
21 de agosto, 13:00 h. San Roque en Brañela-O Carballín.
Neiro, San Pedro
31 de outubro, 12:00 h. Santos-Defuntos
5 de abril, 13:00 h. A Pastora en Vilarello
19 de maio, 11:00 h. Os Remedios en Candaido
30 de maio, 13:15 h. San Benito
13 de xuño, 13:45 h. San Antonio en Mazaeda
16 de agosto, 11.30 H. San Roque en Mazaeda
O Fito
18 de outubro, 13:00 h. Aniversario de Estrella Valledor
15 de novembro, 11:00 h. Santos-Defuntos
3 de xullo, 13:00 H. San Pedro en Aldomán
22 de xullo, 13:00 h. Santa María Magdalena en Villagocende
Ouviaño
14 de novembro, 11:00 h. Santos-Defuntos
24 de xullo, 11:30 h. Santiago
Pacios
7 de novembro, 13:30 h. Santos-Defuntos
20 de marzo, 12:00 h. San Xosé en Brañas.
4 de abril, 11:00 h. A Pastora
2 de maio, 12:00 h. San Alberto en Mourisco
22 de maio, 13:00 h. Os Remedios e bendición de froitos en Leituego
Padrón
1 de novembro, 11:00 h. Santos-Defuntos
15 de maio, 11:00 h. San Isidro en Vilardongo
13 de xuño, 13:00 h. San Antonio en Carracedo
24 de xuño, 13:00 h. San Juan
Puebla de Burón
31 de outubro, 13:00 h. Santos-Defuntos
28 de marzo, 13:00 h. Ramos
23 de maio, 13:00 h. O Carme
Santa Juliana
7 de novembro, 11:15 h. Santos-Defuntos
Suarna, San Martín
11 de outubro, 11:00 h. Misa
1 de novembro,18:00 h. Santos
2 de novembro, 11:00 h. Defuntos
5 de decembro, 12:00 h. Santa Bárbara en Silvela
13 de decembro, 11:00 h. Misa
25 de decembro, 11:00 h. Misa
10 de xaneiro, 11:00 h. Misa
16 de xaneiro, 12:00 h. San Antonio en Vilarín de Abaixo
14 de febreiro, 11:00 h. Misa
14 de marzo, 11:00 h. Misa
28 de marzo, 11:15 h. Ramos
11 de abril, 11:00 h. Misa
9 de maio, 11:00 h. Misa
13 de xuño, 11:00 h. Misa
11 de xullo, 11:00 h. Misa
22 de xullo, 13:00 h. Santa María Magdalena en Villagocende
8 de agosto, 11:00 h. Misa
12 de setembro, 11:00 h. Misa
Trobo
31 de outubro, 10:00 h. Santos-Defuntos
17 de xaneiro, 11:00 h. San Antonio Abad en Vilamaior
27 de marzo, 18:00 h. Ramos
19 de maio, 1000 h. Os Remedios en Liñares de Maderne
28 de agosto, ás 13:00 h. San Ramón en Noceda
Vieiro
7 de novembro, 10:00 h. Santos-Defuntos
2 de xaneiro, 13:00 h. Aniversario de Sergio de Cerredo
9 de maio, 13:00 h. O Carme en San Mamede
23 de maio, 14:00 h. Guadalupe en Pacios de Rebolín
1 agosto, 13:00 h. San Antonio
Vilabol
15 de novembro, 10:00 h. Santos-Defuntos
4 de abril. 13:00 h. A Pastora en Naraxa
15 de agosto, 10:30 h. Misa da Asunción
Vilar da Cuiña
14 de novembro, 12:15 h. Santos-Defuntos
29 de maio, 13:00 h. O Carme na Fornaza
26 de xuño, 13:30 h. O Carme na Ferrería
29 de agosto, 11:00 h. San Juan Degolado en Liñares de Vidul
Xestoso
7 de novembro, 12:30 h. Santos-Defuntos
26 de setembro, 13:00 h. San Miguel
Esta programación pode sufrir variacións.
Axenda actualizada en tempo real:
http://falandobaixino.es/pagina-agenda/
Peregrinacións e outras actividades
(Sempre que as circunstancias permitan facelas con seguridade)
Peregrinación parroquial
-O Corpiño ou Vilaselán-Ribadeo
-1 ou 17 de maio
Celebración da fin de curso no Cebreiro
-Con outras parroquias da Diocese
Peregrinación a Lourdes
-Coa Hospitalidade Diocesana
Contacto
info@parroquiasdeafonsagrada.es
fonmiguel@yahoo.es
616 512 111
Opina sobre esta entrada:
You must be logged in to post a comment.