1.-As presentes indicacións afectan ás seguintes parroquias da Unidade Pastoral: Santa María da Fonsagrada, San Juan de Padrón, San Cristóbal de Cuiñas, Santa Mª Magdalena de Puebla de Burón, San Martín de Suarna, San Roque de Lamas de Campos, Santa Mª Magdalena de Fonfría, San Bartolomé de Monteseiro, Santiago de Ouviaño, El Salvador de Negueira de Muñiz, San Pedro de Ernes, San Miguel de Barcela, San Blas de Riodeporto, San Antonio de Vieiro, San Miguel da Bastida e Santa María de Pacios. Tamén se inclúen nesta disposición as parroquias de D. José Argul, que teño encargadas temporalmente.
2.-No seguinte enlace pódese ver o Protocolo de prevención do contaxio nos lugares de culto da diocese de Lugo.
[Protocolo prevención diocese de Lugo]
3.-Só haberá misas con asistencia de fieis na parroquia de Santa María da Fonsagrada. O aforo será o permitido en cada momento polas normas estatais e diocesanas. Comezarán estas celebracións o 14 de maio.
4.-Só haberá misas de funeral na parroquia de Santa María da Fonsagrada. O aforo será o permitido en cada momento polas normas estatais e diocesanas. Poderá haber misas de funeral a partir do 14 de maio.
5.-Seguen suprimidas todas as misas de festas ou por calquera outro motivo en todas as demais parroquias e capelas.
6.-Estas decisións débense a que non estamos en condicións de poder cumprir minimamente, nos demais templos, as condicións esixidas.
7.-A igrexa parroquial de Santa María da Fonsagrada ten un aforo dunhas 150 persoas, sentadas, polo que na primeira fase poderán asistir ás celebracións litúrxicas, un máximo de 50 persoas; e 75 na segunda. Para a misa diaria non hai, polo tanto, ningún tipo de problema co aforo. Para a misa do domingo rógase que os fieis se distribúan entre as tres opcións que hai: misa vespertina do sábado ás 20:00 h., domingo ás 12:00 h. e domingo ás 20:00 h.
8.-Horarios de misas e outras celebracións.
-De martes a sábado: 20:00 h.
-Domingos: 12:00 h. e 20:00 h.
-20 minutos antes da misa rezarase o Santo Rosario.
-Os xoves, despois da misa, haberá Adoración Eucarística.
-Intentarase retransmitir estas celebracións en directo polas redes sociais.
9.-Horario de apertura da igrexa:
-De martes a venres: das 16:00 h. ás 20:30 h.
-Sábados e domingos: dende unha hora antes da misa.
-Este mesmo horario será o do despacho parroquial, excluíndo o tempo das celebracións.
10.-Recoméndase que as persoas maiores ou con risco non acudan ás celebracións. Segue vixente a dispensa do precepto dominical.
11.-A catequese segue suspendida.
12.-O asunto da celebración das primeiras comuñóns tratarase directamente coas familias implicadas.
13.-A formación de adultos segue suspendida. Habilitarase unha forma telemática para os que o desexen.
14.-Recoméndase o uso de máscaras dentro da igrexa e xel hidroalcohólico desinfectante ao entrar e saír. Haberá recipientes con xel desinfectante na porta principal.
15.-Sobre as misas de funeral que non se puideron celebrar neste tempo, dúas propostas non excluíntes:
-Celebrar un funeral conxunto por todos nunha data na que se permita facer con seguridade e sen límites de aforo.
-Celebración individual cando as familias o soliciten.
-En calquera caso, as misas que celebrei privadamente durante o confinamento tamén as apliquei polas persoas que faleceron neste tempo.
16.-O resto de indicacións, de como hai que estar dentro do templo, de como comungar etc, serán explicadas e recordadas cada día antes do comezo da celebración.
17.-Para a administración dos demais sacramentos (bautismo, penitencia, unción de enfermos) consultar comigo.
18.-Estas normas serán actualizadas de acordo coas indicacións que vaian chegando dos organismos competentes.
19.-Para calquera aclaración non dubiden en poñerse en contacto comigo.
A Fonsagrada, 8 de maio de 2020
Miguel Ángel Álvarez Pérez
Párroco da Fonsagrada