«A Fonsagrada nace como un santuario». Esta foi a conclusión á que chegou o historiador Enrique López Fernández nos seus traballos de investigación para o último libro que ven de publicar: Nuestra Señora de Fonsagrada. Bosquejo histórico de una parroquia y una villa.
O venres, 2 de agosto de 2019, tivo lugar na parroquia de Santa María de A Fonsagrada deste libro do sacerdote e historiador, natural de Vilabol de Suarna, Enrique López Fernández.
Neste acto falou, ademais do autor, Gumersindo Rego, tamén natural do concello de A Fonsagrada, que fixo a presentación de Enrique, amigo seu dende fai moitos anos.
Pola súa parte, o autor, foi contando a historia da nosa vila dende o primeiro documento no que se fai constancia dela ata a última gran reforma do templo parroquial.
O libro pode adquirirse na propia parroquia de A Fonsagrada.
Nos seguintes enlaces están dispoñibles os audios coas dúas intervencións.