Antón Negro | 26 de xaneiro de 2020

Os nenos non son propiedade da ministra de educación!!!

enero 25, 2020 · 21:53 1

O día 17 de xaneiro a Ministra de educación, Isabel Celaá, dixo: “Non podemos pensar de ningunha das maneiras que os fillos pertencen aos pais…”. A frase en sí non ten problemas, senón fose porque sae dun membro do PODER EXECUTIVO que se arroga decidir a súa formación ideolóxica coma se fosen súbditos.

Débese tomar sempre en serio a declaración de calquera ministro/a despois dun Consello Ministerial, pois ese é o acto máis serio dun Goberno. Entón entenderíase que os pais se presentasen diante do seu Ministerio ou as súas delegacións cunha pancarta que recolla esas palabras e que lle pida, por tanto, que se faga cargo dos seus fillos e asuma o seu coidado, manutención, vestimenta, protección… e que sexa consecuente co que dixo. Certo que os funcionarios non son responsables do que din e deciden os ministros. Sen necesidade de repetir habería pais e nais suficientes para que por centenares ou milleiros estiveran moitos días esixíndolle que cumpla a súa palabra.

En coherencia con esas palabras o Goberno tería que derogar as leis do Código Penal e Civil que fan responsables subsidiarios aos pais das falcatruadas que cometen os seus fillos (por ex. na Kale borroka). Tamén terían que quitar a obriga que hoxe teñen os pais de educar e soster aos seus fillos ata que sexan maiores de idade ou rematen os seus estudios. Incluso nos casos de divorcio ou separación habería que liberar á nai ou pai de pasar a correspondente pensión. As leis deben ser coherentes unhas coas outras e non manifestamente contradictorias.

Por outra parte, calquera nai ou pai, aínda que sexa do PSOE ou de Podemos, debe asumir que se acepta que a actual Ministra pode decidir como educar o seu fillo, igualmente terá que aceptar que noutro momento tamén o poderá facer un ministro/a do PP, Bildu, Vox, etc se desempeñan ese cargo no futuro.

Non coñezo persoalmente á ministra de educaciòn, pero din que é socialista e non teño elementos para negar ese dito. O que si teño claro é que se é verdadeiramente socialista tería que defender á sociedade e aos seus diversos grupos (agrupamentos) sociais. Defender ós grupos sociais empezando polo máis elemental, pequeno e feble que é a FAMILIA.  Non esquezamos o que di a Declaración dos Dereitos Humanos art. 16.3 “A familia é o elemento natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da socie­dade e do Estado”. A continuaciòn estarían as asociacións de nais/pais, os colexios, etc para que a sociedade sexa libre e protagonista da vida social.

A palabra Ministro ven de MINISTER (minus), servidor. De aí ven ministerio, servicio. Por tanto, un ministro debe ser un servidor e non un dictador. Nunha democracia o Goberno e os Ministros deben ser servidores da sociedade.

Se as nais e pais de familia ven que a Ministra e o Goberno do que forma parte non respecta os seus dereitos, recoñecidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos (ONU 10-XII-1948), especialmente nos artigos 12 (non inxerencia arbitrarias na vida privada ou familiar), 18 (liberdade de pensamento, conciencia e relixión ), 19 (liberda­de de opinión e expresión), 26.3 “Os pais teñen dereito preferente a escoller o tipo de educación que se haberá de dar aos seus fillos”, deben esixilos, mesmo nos tribunais, ata ir a Estrasburgo se é preciso (art. 8). Hai que esixir democracia sempre aos gobernos e practicar democracia, e, senón deixan outra opción, tamén asociados ir aos tribunais.

Calquera nai/pai que teña os fillos xa algo medrados sabe por experiencia que son basicamente verdadeiras estas palabras do gran escritor libanés Khalil Gibran en “O profeta”:

Os vosos fillos non son os vosos fillos. Son os fillos e as fillas da ansia da Vida por sí mesma. Veñen a través vosa, pero non son vosos. E aínda que vivan convosco, non vos pertencen. Podedes darlles o voso amor, pero non os vosos pensamentos, porque elles teñen os seus propios pensamentos… Podedes esforzarvos en ser coma eles, pero non intentedes facelos coma vós, xa que a vida non retrocede, nin se deten no onte. Sodes os arcos cos que os vosos nenos, como flechas vivas, son lanzados.”

Remato coas palabras pronunciadas no día da Sagrada Familia (31-XII-17) por quen NON TEN PODER EXECUTIVO no tema, o Papa Francisco: “Os pais son custodios e non propietarios dos seus fillos” que veñen ser unha axuda clarificadora de como exercer a responsabilidade de educar aos fillos

Antón Negro

 

Enlaces desde blogs, webs y agregadores:

Enlaces desde Twitter y trackbacks:

Comentarios a esta entrada:

  1. María Xosefa Ortiz de Galisteo Pérez

    Por suposto que as nenas e os nenos de España non son fillos da Ministra de Educación, que non sei nin si ten algun/ha, pero moi clarificadora a contribución de Gibran.
    O goberno ten que lexislar para todas e todos, e vai sendo hora de que se consesúe unha LEI DE EDUCACIÓN LIBRE, GRATUITA E DE CALIDADE, que so teña as variacións correspondentes os tempos e non ós partidos políticos que nos gobernen.

Opina sobre esta entrada:

Al pulsar 'Enviar' aceptas las Normas de Participación. [Abrir emoticonos] [Configura tu icono personal]