Téñenme preguntado varias veces por qué certos políticos ou líderes sociais mostran tanta animadversión contra a Igrexa Católica e son condescendentes con outras relixións, en especial có Islam.
Así vemos que se fai suma dos delitos cometidos por persoas da Igrexa durante 60, 80 ou incluso máis anos. Súmanse sentencias e acusacións, que non son o mesmo. Non se fai o mesmo con militantes de partidos, funcionarios do Ministerio de Educación ou do Ministerio do Interior…
A reflexión de hoxe, que quere ser SOCIOLÓXICA nos límites dun artigo, baséase na diferente estrutura organizativa e proceso formativo dos responsables de la Igrexa e outras relixións.
A elaborada estrutura organizativa da Igrexa Católica é claramente de ámbito universal pero o Islam, en especial o Suní, non ten esa estrutura mundial. Unha estrutura planetaria está fóra do control do Estado e resulta molesta aos gobernos que queren ser, ou son, totalitarios.
A estrutura universal facilítalle á Igrexa gran riqueza de ideas, perspectivas, capacidade de diálogo e de encontro no seu funcionamento. Aos que nos falta esa perspectiva, ás veces, non entendemos as tomas de postura da Igrexa por faltarnos moitos datos relevantes. Así percibiuno un pastor evanxélico que dixo: “os católicos estades acostumados a convivir coas diferencias e nós solucionámolas dividíndonos”.
A estrutura universal da Igrexa maniféstase a través de:
Desta estrutura organizativa séguense consecuencias como:
A Igrexa sabe que ela tamén é un paraugas para a liberdade doutros grupos e persoas. Ademais pono por escrito, como vemos na encíclica de Xoán Paulo II Centesimus Annus nº 45: “O Estado totalitario tende, ademais, a absorber en si mesmo a nación, a sociedade, a familia, as comunidades relixiosas e as mesmas persoas. Defendendo a propia liberdade, a Igrexa defende a persoa, que debe obedecer a Deus antes que ós homes (Feitos 5,29); defende a familia, as diversas organizacións sociais e as nacións, realidades todas que gozan dun ámbito propio de autonomía e soberanía”.
Un breve apunte sobre o proceso formativo dos seus responsables, que é máis esixente cós das outras confesións relixiosas. Para ordenar os seus cregos esíxelles, despois do bacharelato, un proceso formativo mínimo de 5 anos de estudio (6 en Lugo), no que se inclúe 2 anos de estudos de filosofía. Ademais moitos curas fixemos estudos universitarios civís, antes ou despois da ordenación. Cito un dato anecdótico: o actual bispo da diocese na súa consagración empregou cinco idiomas…
Unha organización social tan seria, con esta estrutura elaborada e universal e ese proceso formativo dos seus responsables, ten que resultar especialmente molesta para os poderosos e por iso ese afán en desacreditala con razón ou sen ela. Iso non exclúe que dentro da Igrexa haxa inxustizas como hai en calquera institución humana e que, por tanto, haxa que combatelas.
Para concluír, lembrar que este escrito faise desde unha perspectiva sociolóxica, que ten pouco que ver con que eu sexa crente e cura.
Antón Negro
Opina sobre esta entrada: