Antón Negro | El Progreso, 16 de xullo de 2017

Debe a Igrexa adaptarse ós tempos?

julio 16, 2017 · 8:00 1

Na nosa sociedade abundan as frases feitas que se teñen por certas. Estas repítense coma se fosen verdades absolutas e indiscutibles. Eu acostumo reflexionar e facer preguntas sobre elas como é o caso da que transformo en pregunta para pór titulo a este artigo.

É moi frecuente escoitar esta afirmación: “a Igrexa ten que adaptarse ós tempos presentes”. Esta tese é sostida por moitos na actualidade crendo ter toda a razón. Non cabe dúbida que si que hai parte de razón no que queren dicir, pero a esta tese hai que facerlle moitas obxeccións e matizacións.

Cando me din que a Igrexa ten que adaptarse ós tempos, eu acostumo preguntar: ¿a que tempos se ten que ir adaptando?: ¿ós de Stalin, Hitler ou Franco?, ¿ós de Zapatero ou Aznar?, ¿ós de Obama ou Donald Trump? ¿ós de Nicolás Maduro, ós de Rodrigo Duterte (Filipinas)…? Se cadra o que moitos queren dicir é que debe adaptarse ós seus intereses, comodidades e comenencias.

Por outra parte, adaptarse ós tempos en xeral non deixa de ser unha postura cómoda, pois así non hai que facer unha análise fonda da realidade, nin implicarse nun proceso de discernimento sobre a xustiza e inxustiza das estruturas sociais, nin tampouco comprometerse a buscar e percorrer o camiño da transformación social con liberdade e responsabilidade en orde a un mundo máis xusto.

Cando a persoa se adapta ó “statu quo” vixente tampouco vai ter que enfrontar as persecucións anunciadas por Xesús para os comprometidos co Reino de Deus e a súa xustiza.

Ó tratar esta cuestión non debemos esquecer estas dúas realidades humanas:

  1. O ser humano é o único ser do planeta que non ten un nicho ecolóxico predeterminado, un hábitat concreto e limitado, senón que habita tódolos lugares da terra, que por unha parte se adapta ó medio e ó mesmo tempo adapta o medio a el. É dicir, mantén unha relación dialéctica co medio nese dobre movemento de adaptarse e, sobre todo, transformar o entorno en función das súas necesidades, utopías e esperanzas.
  2. Se a ciencia adóptase a mesma postura tampouco avanzaría e non se adquirirían novos coñecementos e progresos científicos. A ciencia avanza rompendo os moldes do saber adquirido e sistematizado a través de revolucións científicas.

Se tal é a condición humana, iso tamén afecta á Igrexa pois esta é unha institución tamén humana e, por tanto, deberá seguir esa tónica na súa relación coa sociedade e co tempo que lle toque vivir.

Por tanto entendo que a relación da Igrexa coa sociedade actual debe ser:

a) Relación de DIÁLOGO para ver, entender e comprender ós homes deste momento histórico; coñecer cales son as súas esperanzas e angustias, cales son os seus gozos e tristuras… Así coñecerá as súas eivas, necesidades, capacidades e posibilidades para pór en marcha realidades adecuadas a súa situación, como no pasado ese diálogo levou a promover institucións educativas, hospitais, o Proxecto Home (para curar drogadiccións), casas para vítimas de malos tratos…

b) Unha relación PROFÉTICA que leve a discernir o que hai de bo ou de malo, xusto ou inxusto na sociedade contemporánea e nos seus movementos sociais. Esta relación profética leva consigo o desenvolvemento dun xuízo crítico para quedarse co bo coa fin de impulsalo adecuadamente, e rexeitar o que está mal, aínda que supoña dificultades e persecucións.

c) Unha actitude de COMPROMISO TRANSFORMADOR dos tempos presentes para facer que a humanidade avance e mellore en orde a ser unha soa familia humana reconciliada e en paz. Esta transformación farase en virtude do ideal de vida humana que se constrúa en coherencia cos valores evanxélicos.

Por todo isto entendo que a Igrexa serve de pouco á sociedade actual se pensa ou pensamos que debe facer xogo co mobiliario social existente, pero si será unha forza de liberación e salvación, se Ela se mantén fiel ó Evanxeo e é dócil á acción do Espírito Santo.

Antón Negro

Foto: Cathopic.com

Enlaces desde blogs, webs y agregadores:

Enlaces desde Twitter y trackbacks:

Comentarios a esta entrada:

  1. Excelente artículo y reflexión.
    No obstante, estimo menester subrayar que cuando piden o «exigen» que la Iglesia se adapte a los tiempos, en realidad es una proposición-trampa, una sugerencia que, más bien, encierra un deseo que hace tiempo se viene labrando en las mentes «despiertas»; a saber: destruir la Iglesia de Cristo desde sus cimientos…y ahora, me temo, que lo están haciendo de manera cada vez más evidente y descarnada.
    Pero no olvidemos la promesa del Santo de los santos del Altísimo: «Las puertas del infierno no prevalecerán sobre Ella».
    Amén

Opina sobre esta entrada:

Al pulsar 'Enviar' aceptas las Normas de Participación. [Abrir emoticonos] [Configura tu icono personal]