Falando Baixiño 229 | 15 de maio de 2019

Imos de peregrinación a Covadonga

mayo 14, 2019 · 16:46 0

«Es incompatible el eslogan que existe de ¡Dios sí, Iglesia no!. Este Jesús elegido por muchos es un Jesús de fantasía. Entre Dios y Su Iglesia hay una profunda, inseparable y misteriosa continuidad. Cristo está vivo y presente en la sucesión de los Apóstoles. No podemos tener a Jesús sin la realidad que Él creó y por medio de la cual se comunica» (Benedicto XVI. Audiencia general 15 de marzo de 2006)

Imos de peregrinación a Covadonga

Ao igual ca o ano pasado, repetimos peregrinación a Covadonga. Pasado mañá, 17 de maio, iremos visitar á Nosa Señora de Covadonga. É festivo civil en Galicia, por ser o Día das Letras Galegas, e por iso aproveitamos ese día, xa que os outros festivos, os curas non podemos e os sábados tampouco poden os que teñen negocios.

Peregrinar é moito máis que ir de excursión ou facer un simple turismo relixioso. Peregrinar é saír da nosa casa e poñérmonos en camiño para encontrármonos máis de preto con Xesús, neste caso coa axuda da súa Nai, a Virxe María.

Tamén pode darse o caso de que moitos dos que este venres participen nesta peregrinación, non o fagan coa intención que acabo de dicir, e que só o tomen como un día de descanso para facer algo distinto e desfrutar dun día de convivencia cos seus amigos e veciños. Pero Deus sempre pode sorprendernos no camiño, por iso o máis importante é que non nos pechemos a esta posibilidade de e nos deixemos encontrar por Deus;   e que tratemos de velo en todos os detalles, incluídos os máis pequenos.

Temos por diante un día de graza especial: un lugar onde se profesa a fe en Xesucristo e unha devoción singular á Virxe María, unha paisaxe espectacular que tamén nos fala da fermosura do Deus Creador, uns compañeiros de viaxe que nese día podemos ver con outros ollos e mesmo descubrir que tamén eles ansían coñecer mellor a Xesucristo.

Con estas intencións, imos. Este ano un grupo máis numeroso: case 90 persoas de todo o arciprestazgo. Se o tempo acompaña, será un gran día e senón, tamén pois ofrecemos este sacrificio como bos peregrinos.

Supoño que aos lectores do Falando Baixiño que non son da Fonsagrada, lles parece un pouco raro que peregrinemos a Covadonga, en Asturias, tendo preciosos santuarios tamén en Galicia. A explicación é que o noso Concello limita con Asturias, a onde tiveron que emigrar moitos fonsagradinos, de aí a nosa especial relación con esta terra.

A continuación déixovos unha información tomada da páxina web do santuario de Covadonga.

La imagen de la Virgen de Covadonga nos recuerda y hace vivir lo que ella fue en la historia de salvación para Jesús y para sus discípulos de ayer y de hoy.

 La Santina es una imagen de María entrañada e inculturada en el pueblo asturiano por historia, por antigua tradición, por transmisión familiar, por experiencia religiosa personal. Arraigada profundamente en las gentes de esta tierra y constituye uno de los signos con más fuerza y poder de convocatoria de los que Asturias tiene.

Su presencia destella en una imagen. Desde su venida a la Cueva, hace más de mil trescientos años, las presiones agresivas del duro clima, quizá hayan obligado a cambiar las imágenes concretas en numerosas ocasiones. En este momento nos interesa conocer aquella que tenemos ante nosotros.

Su figura ha sido tallada, encarnada, dorada y policromada sobre madera de roble. El tiempo de su hechura es el siglo XVI. Sus medidas son 71, 4 cm de altura, incluyendo la peana. La anchura llega a 46 cm, y la profundidad a 21. El Niño actual ha sido colocado en el año 1704, sobre la mano izquierda de la Madre.

En su vestidura merece destacarse el manto que luce Nuestra Señora desde los hombros hasta los pies y cae en su parte posterior en ángulo hasta la base de la peana. Sus colores cambian según los tiempos litúrgicos. El manto más habitual  es de color rojo púrpura, con una cenefa dorada. Se completa con el jubón, camisa de manga larga ceñida al talle, y la basquiña o falda con sencillas estampaciones de motivos florales.

A lo largo del tiempo ha recibido siempre esmerada atención y cuidados constantes. Así el conjunto fue retocado en 1820. Se reajustó en 1874. Finalmente ha sido restaurada por el Instituto Nacional de Conservación y Restauración de la Dirección General de Bellas Artes en 1971 y 1986.

La actual imagen de Covadonga estuvo en la capilla de la Colegiata de San Fernando desde 1778 hasta 1820 en que fue llevada a la Cueva, donde se había habilitado una pequeña capilla para su custodia.   

La antigua talla del siglo XVI fue en 1874 transformada en la Santina que hoy conocemos por el imaginero y dorador valenciano Antonio Gasch, responsable también de la brillante decoración del camarín de la Cueva, diseñado por Roberto Fransinelli. Igualmente a Gasch se debe la hechura de la artística peana con tres cabezas de querubines sobre la que descansa la venerada figura. La imagen de la Virgen de Covadonga nos recuerda y hace vivir lo que ella representa en la historia de salvación para Jesús y para sus discípulos de ayer y de hoy. La Santina es una imagen universalmente conocida. Preside calles, fachadas y el interior de los hogares. Tras una cierta decadencia a finales del siglo XVIII y parte del siglo XIX, su devoción ha crecido y se extiende sin cesar.

Esta cordialmente arraigada en el pueblo asturiano. Sobre todo, en los emigrantes que, alejados un tiempo de su tierrina natal, al retornar, sienten como un deber cordial acudir a Covadonga, como se acude al hogar de la Madre. Es un signo que, por encima de cualquier división, une a todos los hijos de esa comunidad histórica que llamamos Asturias. [http://www.santuariodecovadonga.com/pagina.php?id=3]

Peregrinos

Xa estamos en plena temporada de peregrinos. Diría que teño a sensación de que este ano comezou con máis forza.

Entre os grupos que nos visitan, puidemos contar co arcebispo de Kuala Lumpur (Malasia) que vén acompañando a un pequeno grupo de peregrinos, e que celebraron a misa dous días na nosa Parroquia.

Confirmacións

Sigo recordando a data das Confirmacións: serán o 31 de maio ás 8 da tarde. Insisto que non se trata dunha celebración privada, senón dunha celebración de toda a comunidade. Por iso podemos e debemos asistir todos, polo menos os que nos xuntamos os domingos para celebrar o día do Señor.

Previamente, o martes 28 de maio ás 8,30 da tarde, teremos a celebración penitencial para os confirmandos e para todos os que necesiten reconciliarse.

Formación para explicar o sacramento da Eucaristía

O outro día pedíronme que aproveitase o Falando Baixiño para explicar cousas básicas do catecismo e, máis en concreto, da Eucaristía. Podía intentar facelo coas miñas palabras, pero non van  ser mellores que as do propio Catecismo de la Iglesia Católica ou da Ordenación General del Misal Romano, que son dous documentos de moi fácil lectura. Calquera dos dous poden comprarse nunha libraría relixiosa ou por internet. O Catecismo é un libro grande, pero tamén nos pode valer o Compendio del Catecismo, moito máis breve.

Estes documentos tamén se poden ler e consultar por internet. A continuación póñovos os enlaces e os números que tratan sobre a Eucaristía.

[Catecismo de la Iglesia Católica]

Dende o número 1322 ao 1419

[Compendio del Catecismo]

Dende o número 271 ao 294

[Ordenación General del Misal Romano]

Todo el adicado á Eucaristía

Para quen non queira ler, tamén hai a opción de escoitar o podcast do bispo Munilla, no que se poden atopar os programas nos cales explicou o Catecismo de la Iglesia Católica, en Radio María. Entendo que buscar no podcast os programas sobre a Eucaristía é moi complicado, por iso recomendo pedir a Radio María os CDs con todos os programas do catecismo, xa que veñen acompañados por uns índices cos que é moi fácil buscar os temas que nos interesen.

Oracións

A semana pasada falecía o pai de Alicia, membro desta parroquia virtual que hoxe quere rezar polo seu eterno descanso .

Ademais, o xoves pasado, despois de dous meses ingresada,  recibiu a alta hospitalaria outra amiga do Falando Baixiño. Dicíame o outro día que «nunca pensé tanto, ni recé tanto, ni leí tanto». Dende aquí agradecemos a Deus a súa recuperación.

Non vos esquezades de rezar uns polos outros, aínda que moitos non vos coñezades. A oración tamén é unha forma de facer compaña e, sobre todo, de sentir a compañía de Deus.

Opina sobre esta entrada:

Al pulsar 'Enviar' aceptas las Normas de Participación. [Abrir emoticonos] [Configura tu icono personal]